O Centro Arqueolóxico do Barbanza e Ambar celebran este sábado un obradoiro de cestería para maiores

25 Novembro 2026

Este sábado 28 de novembro (ás 11.00 horas) o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro) vai celebrar un obradoiro de cestería para persoas adultas. Desenvolverase en horario de 11.00 a 13.15 horas e terá pois algo máis de dúas horas de duración. Trátase dunha actividade para maiores de idade que será impartida por Ambar, asociación inclusiva do Barbanza. Achéganse 15 prazas.

Ao longo desta xornada práctica, as persoas participantes achegaranse ás técnicas tradicionais de cestería empregadas desde a prehistoria. Aprenderán o proceso de elaboración dun cesto utilizando materiais e métodos inspirados nos empregados polos nosos antepasados, descubrindo a importancia desta artesanía na vida cotiá das comunidades prehistóricas. Ao finalizar a actividade, cada participante poderá levarse o cesto elaborado como recordo da experiencia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...