O Concello de Outes iniciou esta semana os traballos dirixidos a efectuar melloras en varios camiños de Valadares, financiadas neste caso con fondos do Plan de Mellora de Camiños Rurais da Xunta de Galicia. Trátase da estrada comprendida entre As Touzas e Guimarei, e máis do camiño de acceso a fincas entre Xendil e Crespos.

Previamente o Concello compartiu imaxes dos traballos que se están a realizar para poñer a punto a rúa da Braña, na Serra, que se atopan, como se pode comprobar máis abaixo, nunha fase xa avanzada.

A estas actuacións seguiranlle outras nesta e noutras parroquias.



