“25 de cultura valleinclaniana”. Antonio González Millán

20 Outubro 2023

25 convocatorias ininterrumpidas da cita valleinclaniana das comarcas arousás do Barbanza e Salnés, promovidas polo Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, decano do país, a través do financiamento da Xunta de Galicia e do Concello.
Momentos recompilados en 100 instantáneas tomadas durante o desenvolvemento de actos culturais, educativos, turísticos, académicos e institucionais nos que o Fausto céltico Valle-Inclán, o seu Museo na Torre dos Valle Bermúdez, a súa Vila devocional da Pobra e nesta visbarra do Barbanza á que se sentía tan unido e onde crearía obras maestras da literatura universal, a participación cidadá en especial, son protagonistas indiscutibles.
O que hoxe en día son efemérides tan sinaladas como: a riada e inmediata restauración da Torre de Bermúdez, a restauración profesional deste monumento nacional, a rehabilitación interior e inauguración das novas salas tras aplicarse un discurso museístico e dotarse de contidos orixinais únicos, a convocatoria dun congreso nacional de contidos tan oportunos como reclamar a identitidade de «A Galicia de Valle-Inclán», a chegada e o acto inaugural da gran escultura de bronce fundido obrada por Sánchez Mendizábal, a dedicación do prato de Sargadelos a don Ramón e á Pobra, a visita de investigadores internacionais das Universidades de Boston, Ohio, Minessota, da cátedra Valle-Inclán da USC, de quen era presidente da RAG, Xesús Alonso Monteto, de escritores galego…
Esta exposición, comisariada polo director do Museo activo na Pobra do Caramiñal dende 1987, Antonio González Millán, permanecerá aberta ao público ata finais do mes de novembre. De seguro que moitas das persoas lectoras estades retratados participando nestas actividades.
Esquecíame, figuras tan coñecidas polo público barbsnzá como Raimundo García «Borobó», Carlos García Bayón, Plácido Betanzos, Manuel Ayaso, Fernández Abella, Xoán Fernández, Alfonso e Nacho Costa, Antonio Pérez ou Paola García Paz entre tantas figuras das artes estiveron presentes e participan deste evento único. Por 25 anos máis.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.