
O vindeiro 1 de outubro celebrarase a andaina Barbanza 25 km. Trátase dunha proba enmarcada na Liga Xunta de Galicia de Senderismo da Federación Galega de Montañismo e que percorrerá diferentes puntos de interese paisaxístico e cultural do concello de Rianxo (porto, alto da Pena, río Te, Castro Barbudo, senda litoral), incluído un percorrido máis curto e sen dificultade para as persoas menos acostumadas ao senderismo. As inscricións están abertas en Emesports.
A V Barbanza 25Km é unha proba puntuábel para o Open Andainas 25KM – Copa Galega de Andainas de 25 km.
O Open de Andainas de Regularidade de 25 km son un conxunto de probas organizadas por varios clubs e deportistas federados galegos que pretende facer chegar unha proba competitiva de media distancia dentro do sendeirismo galego.
Podemos consultar os tracks en Emesports.
• Organizador: Club de Montaña Barbanza 22 Pés.
• Colaborador: Concello de Rianxo
• Data: Domingo, 1 de outubro de 2023
• Hora: 8:00 a 16:00 h.
• Localidade Saída: Porto de Rianxo
• Localidade Chegada: Porto de Rianxo
• Modalidade: andaina deportiva federada (Poden participar non federados)
• Categorías: Poderán participar deportistas con 14 ou máis anos, pero os menores de 18 deberán ir sempre acompañados en todo momento polos seus titores, sendo estes os únicos responsables dos menores. As organizacións non se farán responsábeis de ningún menor.




