As pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura beneficiaranse de 17 millóns de euros

23 Decembro 2019
Cedida

A Consellería do Mar destina 17 millóns de euros á convocatoria de axudas de 2020 para investimentos en pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura. Da referida cantidade, 7 millóns de euros correspóndense coa anualidade 2020 e o restante, 10 millóns de euros, para a anualidade 2021. A través destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), apoiaranse ata o 50% dos investimentos que fagan as pemes que fomenten a sustentabilidade ambiental.

Estas achegas teñen como obxectivo apoiar os proxectos que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente, que melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo e que axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poida destinar ao consumo humano.

Ademais son obxecto de subvención aquelas actuacións relacionadas coa transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, así como as que dean lugar a novos e mellores produtos, procesos e sistemas de xestión e organización, entre outros. As persoas interesadas en acceder a estas axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Entre o 2016 e este ano beneficiáronse desta orde de axudas máis de 180 pemes de transformación de produtos do mar por un valor superior aos 42’3 millóns de euros. A través delas, subvencionáronse, entre outros proxectos, algúns relacionados coa posta en marcha de industria de procesado de peixe, con equipamentos para a mellora dos procesos de transformación, coa innovación no ámbito de novos e mellores procesos, coa mellora no tratamento de residuos e o aforro enerxético.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.