Medio cento de nenas e nenos fan uso en Outes do servizo de madrugadores

15 Setembro 2023

Este mércores 13 de setembro o concelleiro de Benestar de Outes, José Antonio Caamaño, e o alcalde, Manuel González, visitaron ao alumnado do termo municipal que fai uso do servizo de madrugadores, prestado polo Concello. Trátase, explicaron, dun servizo no que este ano hai inscritos 48 nenas e nenos, e que “é moi demandado sobre todo durante a campaña marisqueira”, para facilitar a conciliación familiar dos homes e mulleres que traballan nesta actividade laboral.

O servizo de madrugadores é un servizo de acollida e coidado no que os menores poden almorzar. Lévase a cabo durante todo período lectivo, en horario de 7:50 h da mañá ata o inicio das clases.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.