A Xunta reforza desde o vindeiro luns as conexións de autobús dos concellos de Noia e Outes co Hospital Clínico de Santiago

21 Setembro 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforzará desde o vindeiro luns, 25 de setembro, as conexións de autobús dos concellos de Noia e de Outes co Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Con esta mellora, a Xunta atende as solicitudes de parte do persoal sanitario do hospital, que pediran mellorar a compatibilidade dos servizos de autobús cos seus horarios de entrada ao traballo, ademais de dar resposta ás demandas trasladadas polos Concellos de Outes e de Noia.

Así, reforzarase a conexión da ruta Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros mediante a creación dun servizo adicional que sairá da estación intermodal de Santiago ás 22,15 horas, pasará polo Hospital Clínico ás 22,20 horas e chegará a Muros ás 23,55 horas.

Por outra banda, o servizo da liña Santiago-AG-56-Urdilde-Noia-Muros por Ponte Nafonso e San Caetano, que sae ás 06,05 horas desde Muros, pasará a estar operativo todos os días do ano, festividades incluídas. Ata agora, realizábase en tempada laborable de inverno, de luns a venres, non festivos.

Estas liñas, dispoñibles a diario, incrementarán a oferta de servizos entre os concellos de Noia e de Outes co Hospital Clínico de Santiago de Compostela, ao tempo que facilitarán os desprazamentos do persoal sanitario.

Con esta mellora, a Xunta manifesta, novamente, o seu interese por adaptar os servizos de autobús autonómico ás necesidades da cidadanía, ofrecendo mellores conexións e un servizo de transporte público de calidade.

A información relativa a estes servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.