En Boiro 80 expertos autoridades e profesionais participaron na xornada formativa para as boas prácticas inclusivas en espazos de educación non formal

30 Setembro 2023

Este sábado levouse a cabo a primeira xornada “Construíndo Boas Prácticas Inclusivas en Espazos de Educación Non Formal”, un evento que reuniu a máis de 80 expertos, autoridades educativas e profesionais comprometidos coa promoción da inclusión en contornas de aprendizaxe non formal. A xornada, que tivo lugar na casa da Cultura do Concello de Boiro, abordou unha serie de temas relevantes e vitais para a creación de espazos educativos inclusivos e acolledores.
As encargadas da apertura do evento e de dar unha calorosa benvida foi a cargo de Adriana Miguéns, residente do Fogar Amicos e Pilar Sampedro, responsable da Asociación Amicos e do proxecto Badaboom “Patios Jappi“ que impulsa a entidade, Sampedro destacou a importancia de crear contornas educativas que sexan accesibles e acolledores para todas as persoas, independentemente das súas diferenzas e habilidades “Fagamos que todos os nenos e nenas sentan benvidos e parte da diversión, fomentando a amizade entre todos, sen importar as diferenzas”.
Continuou co recibimento Don Xoan España, director xeral de Amicos, que agradeceu aos presentes a gran acollida da xornada, xa que sen dúbida é un gran compromiso coa inclusión e a diversidade. Tamén aproveitou para recoñecer a dedicación dos expertos e facilitadores que compartiron os seus coñecementos e experiencias con todos os participantes “Espero sinceramente que esta xornada sexa só o comezo de moitas máis formacións e actividades relacionadas coa promoción de patios inclusivos. Estou seguro de que coa nosa implicación e determinación, podemos lograr un cambio significativo nas nosas comunidades e facer do mundo un lugar mellor e máis inclusivo para todos”.

Na xornada tamén estivo presente Dona Cristina Pichel, directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, que compartiu as súas perspectivas e compromiso coa promoción de prácticas inclusivas na educación non formal.
O primeiro relatorio do día “Importancia do Xogo Inclusivo” estivo a cargo da recoñecida experta en educación inclusiva, Dona Gey Lagar, que resaltou a relevancia do xogo inclusivo como ferramenta para fomentar a participación activa e a aprendizaxe en contornas non formais.
Na sesión de “exemplos de Boas Prácticas” presentáronse casos de estudo e exemplos de prácticas exitosas de inclusión en diversos contextos educativos non formais. Os participantes tiveron a oportunidade de aprender de experiencias concretas e exitosas do CEIP Santa Baia e CEIP Carrasqueira.
Para finalizar levaronse a cabo dous seminarios simultáneos, Patios Dinámicos a cargo de Lagar e outro de tecnoloxía e xogo impartido por Dona Paz Picallo da VermisLab, en ambos se profundouse en temas clave relacionados coa inclusión na educación non formal. Os participantes tiveron a oportunidade de debater e compartir as súas perspectivas.
A xornada de hoxe foi un evento enriquecedor que promove a colaboración e a aprendizaxe na procura de prácticas máis inclusivas na educación non formal.
Esta xornada esta incluída dentro do proxecto INC-LEISURE en colaboración con 3 entidades europeas (Asociación Grao Vasco, Portugal; Dz Zlatan, Macedonia; Asociación Babilón de España (Alicante) enmarcado no programa Erasmus+, cofinanciado pola Comisión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.