O Grupo de Teatro Airiños está a celebrar esta tempada o 90 aniversario da súa constitución. Para conmemorar esta histórica efeméride, o grupo de Asados (Rianxo) preparou un amplo abano de actividades que se estenderá a todo 2023. Por exemplo a romaría popular deste 12 de agosto.

A historia do Grupo de Teatro Airiños remóntase a 1933, cando un grupo de veciños e veciñas de Asados (Rianxo) decidiu crear unha agrupación teatral. A iniciativa contou coa axuda do Partido Galeguista e, dende entón, non deixou de funcionar.
En 2023, o Teatro Airiños cumpre 90 anos situándose como a agrupación teatral amadora máis lonxeva e antiga da nosa terra.
Entre as actividades previstas figuran homenaxes a persoas que formaron parte da historia do grupo, unha exposición fotográfica, a publicación dun libro conmemorativo e a representación dunha obra especial para celebrar o aniversario.
Máis información no Facebook de Grupo de Teatro Airiños.
As celebracións do 90 aniversario comezaron xa este mes de mes de abril, coas Veladas de Primavera, organizadas pola histórica agrupación teatral rianxeira en colaboración coa Área de Cultura municipal de máis a Deputación da Coruña. As Veladas encádranse como dixemos nas celebracións do 90 aniversario do grupo teatral.
Celebráronse en abril nas Escolas Vellas da Atalaia en Asados.
Arrincaron o día 9 cunha sesión do escritor e narrador da nosa comarca Quico Cadaval, e proseguiron o sábado 15 cun contacontos infantil de Airiños e o domingo 16 coa presentación do libro Airiños, 90 anos de teatro polo pobo. As sesións continuarán os días 22 e 23, esta fin de semana, da man de PatakaMacabra (Rapsodia de Elas) e Teatro Airiños (República Sideral).
Romaría do 90 Aniversario
Un dos puntos álxidos do programa é a Romaría do 90 Aniversario, que será este 12 de agosto en Asados na Carballeira do Cura (ao lado da igrexa).
Será unha gran festa ao longo do día na que poderemos gozar de:
-Roteiro teatralizado. 11:00 horas
Coñeceremos a historia de Airiños paseando pola contorna da parroquia.
-Xantar popular. 14.30 horas. Haberá polbo, churrasco, bebidas, sobremesa e chupitos. Prezo: 32€ adult@s e 16€ menú infantil (ata 12 anos) (previa inscrición na ligazón habilitada), no teléfono 620805265 ou na Peluquería Pelos de Asados).
-Actuacións ao longo do día. Esther Carrodeguas, Esperanza Mara, Quico Cadaval, Silvaredonda, Aldaolado e máis sorpresas.



