Condenado a nove anos de cárcere o acusado de matar a unha muller na súa casa de Boiro

20 Decembro 2019

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, a nove anos de cárcere a un home que matou unha muller na súa vivenda de Boiro. O sospeitoso foi declarado culpable dun delito de homicidio, coa concorrencia da eximente incompleta de embriaguez, pois o xurado popular considerou que cando agrediu a vítima “tiña profundamente afectada, pero non anulada, a súa capacidade de saber o que estaba a facer ou de controlar os seus impulsos porque consumira gran cantidade de bebidas alcohólicas, así como cocaína.”

O sospeitoso e a vítima, segundo a sentenza, iniciaron unha discusión na cociña da vivenda da muller durante a madrugada do 31 de xullo de 2017. No transcurso da disputa, o acusado colleu un coitelo, ante o cal a vítima fuxiu cara á planta superior da casa. O home, con todo, alcanzouna e cravoulle a arma branca en repetidas ocasións e en diversas zonas do corpo, o que lle ocasionou a morte.

Segundo o xurado popular, o acusado “sabía que unha agresión desa clase xeraba un grave risco de causarlle a morte e, a pesar diso, fíxoo e non desistiu da agresión.” O Tribunal do Xurado considerou determinantes “a localización, intensidade e repetición dos golpes asestados co coitelo, medio idóneo para causar a morte.” O maxistrado presidente sinala na sentenza que se considerou probado “o ánimo de matar”, pois o condenado dirixiu o ataque cara a unha zona vital do corpo e, ademais, a cantidade de puñaladas “puxeron de manifesto a persistencia no ataque.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.