Inscricións abertas para participar na Travesía Solidaria a Nado entre Testal e O Freixo (o martes 15 de agosto)

09 Agosto 2023

O vindeiro martes 15 de agosto vaise celebrar en augas da ría de Noia unha nova edición (a número XXI) da Travesía Solidaria a Nado entre Testal e O Freixo. Será novamente un evento deportivo pola inclusión, pola solidariedade e a integración. Esta semana foron presentados os detalles da proba no Concello de Noia, de man do presidente de ADECO-DEA local, José Barrio, xunto coa concelleira de Xuventude, Laura Salgado e o concelleiro de deportes, Santi Rodríguez.

Segundo fixeron saber, como cada ano as prazas son limitadas a 100. As persoas que queiran inscribirse aínda están a tempo de facelo (até o venres 11 pola noite) a través de Emesports.es.

Trátase dunha travesía a nado non competitiva, solidaria e reivindicativa co deporte inclusivo – adaptado. A saída está prevista para as 17.30 horas do martes 15 dende o porto de Testal en Noia, até o porto do Freixo na Serra de Outes.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.