O Concello de Rianxo e a empresa Tarrío y Suárez brindan o seu apoio ao golfista local Daniel Varela

11 Agosto 2023

A empresa Tarrio y Suárez S.L. e o Concello de Rianxo colaboran para patrocinar ao golfista rianxeiro Daniel Varela.

Segundo lembraron fontes do Concello rianxeiro, Daniel vén de ser recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel e entre o seu palmarés destaca o primeiro posto no Campionato de España de Pitch&Putt 2023, campionato que tamén gañou no ano 2022 na categoría de parellas.

A maiores de todo o devandito foi convocado pola Real Federación Galega de Golf para as seleccións galega absoluta e sub-18 de golf e de pitch&putt.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.