A Xunta entrega unha tenda de campaña para emerxencias a Protección Civil de Rianxo

20 Decembro 2019
Arteixo. A CoruñaO director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregará material de emerxencias a varias agrupacións de Protección Civil da provincia.19/12/2019Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixeron entrega onte de nove tendas de campaña para tarefas destinadas ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de nove concellos da provincia da Coruña co obxectivo de reforzar o seu equipamento de emerxencias. Entre estas agrupacións atopábase a de Rianxo, amais das de Arteixo, As Pontes, Bergondo, Corcubión, Fene, Miño, Muxía e Oleiros.

Trátase de tendas “con facilidade para o seu transporte, montaxe e desmontaxe”, explicaron, engadindo que contan cunha estrutura reforzada de aluminio anodizado e lona de poliéster impermeábel e ignífuga (unha vez montadas ocupan unha superficie de 16 metros cadrados cunha altura máxima de 2,47 metros”.

A este equipamento entregado este xoves en Arteixo súmase o cedido xa no mes de outubro. Desa volta, os municipios de Cedeira, Carnota, Zas, Carral e Vedra recibiron cadanseu vehículo pick-up, mentres que os de Ames, A Pobra do Caramiñal, Cee, Culleredo, Lousame, Oroso e Paderne foilles entregado un remolque equipado con material de emerxencias.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.