Esta “finde” celébrase o XIV Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo

31 Agosto 2023


Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, e Nestor Martínez, representante do Club Xadrez
Rianxo e director do Torneo, presentaron no salón de plenos do Concello os detalles da XIV edición do Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo, que se celebrará o domingo 3 de setembro no Auditorio Municipal.

O rexedor desttacou “o grande traballo que está a facer o Club Xadrez Rianxo en prol do desenvolvemento do xadrez e do deporte rianxeiro”, ao tempo que gabou a súa capacidade organizativa, “posto que o torneo estase convertendo nunha cita de referencia a nivel galego”.

Segundo explicaron, está confirmada a presenza de participantes procedentes de España, Portugal,…e grandes mestres nacionais e internacionais.

-Organiza: Club Xadrez Rianxo e Federación Galega de Xadrez

-Colabora e Patrocina: Concello de Rianxo.

-Colaboran: Federación Galega de Xadrez, Abanca, CONGALSA, Conservas Cortizo, Hotel Scala, así como a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña

-Horarios: De 10:30 a 19:00 h. aprox. Entrega de trofeos ás 19:30 h.

2 competicións

O torneo inclúe 2 competicións diferenciadas:

· Torneo absoluto: sen límite de idade. Este torneo será válido para elo FIDE de rápidas.

· Torneos Circuíto Galego de Promoción: categorías sub8, sub10, sub12 e sub14. As inscricións teñen un custe de 10 € para o torneo absoluto e poden formalizarse en xadrezrianxo.com, no correo escolaxadrezrianxo@gmail.com ou Whatsapp 680193289 ata o venres 1 de setembro.

Repártense un total de 2500 € en premios

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.