Unhas 150 persoas de todas as idades participaron na II Carreira de Orientación de Rianxo

30 Xullo 2023

Na mañá deste sábado 29 de xullo celebrouse a segunda edición da Carreira de Orientación Concello de Rianxo . Unhas 150 persoas participaron nesta carreira de orientación, consistente en realizar no menor tempo posíbel un percorrido sinalizado con balizas na orde indicada nun mapa. A experiencia lúdico-deportiva desenvolveuse en horario de 11 a 14 h, con centro de operacións no Campo de Arriba.

Fixáronse tres categorías:

-Xestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e tecnicamente (menos de 3kms en total).

-Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 4kms en total).

-Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5kms en total).

As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.

A organización facilitaranos unha tarxeta electrónica para irmos rexistrando o paso por cada unha das balizas. Ao rematar poderemos consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código QR que irá impreso no mapa.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...