Arrincan os traballos para cambiar a cuberta do Pavillón José Manuel Abuín “Chema” (Rianxo)

21 Xullo 2023

Este venres 21 de xullo comezaron en Rianxo as obras para o cambio da cuberta do Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema”. Os traballos que arrincaron este venres veñen cun orzamento de 171.432,87 euros.

Con esta actuación o Concello pretende dar continuidade ao labor xa desenvolvido para eliminar as filtracións e mellorar a eficiencia enerxética, labor que puxo o foco na fachada sur do inmóbel (instalando un illamento SATE de 60 mm que facilita a impermeabilización) e que incluíu un orzamento total de 36.574,46 euros.

Todas estas actuacións forman parte dun proxecto máis completo que irá poñendo ao día estas instalacións municipais en sucesivas fases que se iniciaron o verán do ano pasado resolvendo o illamento da fachada máis exposta á chuvia.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...