O Mercado de Nadal de Boiro abrirá as súas portas o día 28

17 Decembro 2019

O Mercado de Nadal de Boiro estará emprazado este ano na sala multiusos do Mercado Municipal, na rúa peonil durante os días 28 e 29 de decembro, en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 22.00 horas. O desenvolvemento da iniciativa, unha moi boa oportunidade de facernos cos máis orixinais e creativos agasallos para estas datas, correrá a cargo da artesá Paula Tubío, responsábel do obradoiro de complementos feitos a man A gata moscovita.

Segundo informou o Concello de Boiro, será un mercado pequeno que contará con 9 postos de artesanía, dos cales 7 dispoñen da acreditación do selo de calidade Artesanía de Galicia. Iso si, haberá unha ampla variedade temática nas propostas dos obradoiros, xa que todos eles ofrecen produtos diferentes para satisfacer, deste xeito, todas as posíbeis demandas e todos os gustos e tendencias. Haberá tamén un espazo de gastronomía, con dous recantos específicos, un con doces típicos do Nadal e outro onde teremos a posibilidade de saborear unha cervexa artesá.

Amais, estarán habilitados dous postos solidarios, o da Cruz Vermella coa súa campaña Agasalla un xoguete, e o da protectora Callejeros Barbanza, que se encargará dos doces típicos de Nadal.

A continuación damos conta dos diferentes obradoiros de artesanía que terán presenza no Mercado de Boiro.

· Wooding (bonecos de trapo)

· Diane Onlooker (complementos festa)

· Jardinería Espiñeira (decoración de Nadal)

· Tejeluz (lámpadas e vidro)

· Cerámica Raposiñas (cerámica)

· Deica Creacións (ilustracións)

· Pase lo que pase (bixutería creativa)

· Mucha Chicha (roupa interior e exterior)

· Recuncho de Cucadas (traballos en coiro)

Polo que respecta á gastronomía, estes serán os postos con presenza no mercado:

· Callejeros Barbanza (galletas, turrón, etc)

· Cervexas Meigas (cervexa artesanal)

· Cruz Vermella Boiro (pulseiras solidarias)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.