Xerais 2023: José Miñones trasládalle á plataforma contra os certidos o apoio do Goberno á plataforma contra os vertidos de San Finx 

15 Xullo 2023

José Miñones, ministro de Sanidade e candidato socialista ao Congreso, trasladoulle esta mañá “o apoio do goberno e de todo o PSOE” á plataforma contra os vertidos de San Finx e pídelle á Xunta de Galicia
“que actúe dunha vez por todas e vixíe esta situación”.

Miñones mantivo unha reunión na cofradía de Noia con Joám Evans, portavoz da Plataforma de afectados pola mina de San Finx; Santiago Cruz, patron maior da Cofradía de Noia; Rogelio Santos Queiruga, viceportavoz da plataforma, e outros representantes da pesca e o marisqueo da comarca.
“Estamos diante dun problema medioambiental que pode afectar gravemente ao sector da pesca e a toda a comarca”, afirmou Miñones.
A plataforma explicoulle o impacto que pode causar o inminente inicio das verteduras da Mina de San Finx, que suporán a inxección de case mill millóns de litros de augas contaminadas con metais pesados tóxicos e canceríxenos (cadmio, cobre e cinc).
A reunión foi solicitada de urxencia pola Plataforma comarcal contra as verteduras da Mina de San Finx, logo do anuncio de Augas de Galicia de que a empresa mineira iría finalizar as infraestuturas de vertedura o 12 de agosto. O inicio do baleirado da auga contaminada implicará duplicar o caudal do río Pesqueiras, estando o punto de vertido a tan só sete quilómetros da ría de Noia.
A plataforma comarcal pediulle ademais ao ministro de Sanidade que interveña para que o Goberno do estado inclúa as presas de residuos mineiros de San Finx no “Inventario de Instalacións de Residuos Mineiros abandonadas e clausuradas”, ante os riscos para a saúde pública e o medio ambiente que
provocaría o seu eventual colapso.
Neste sentido, xa en 2020 a Dirección Xeral de Política Enerxética do Ministerio para a Transición Ecolóxica se dirixiu á Xunta para que esta se pronunciase sobre a procedencia da inclusión das presas no inventario, que se encontraba en proceso de actualización.

Desde entón, a Xunta tentou esquivar os requerimientos encubrindo o seu carácter mineiro para evitar que a empresa concesionaria australiana, Pivotal Metals, teña que facerse cargo da súa restauración.

Outros artigos

Aviso en Noia dunha posíbel contaminación da auga para consumo

O Concello de Noia emitiu un comunicado no que advirte á veciñanza dun episodio de posíbel contaminación da auga para consumo doméstico que faría necesario, até novo aviso, o uso de recursos alternativos para que as familias se abastezan. Ao parecer, o episodio tería...

+

Porto do Son celebra as Letras Galegas con música tradicional

O Concello de Porto do Son vai celebrar con música tradicional o Día das Letras Galegas, este 17 de maio, adicado á poeta coruñesa Luísa Villalta. Así, ademais das mancheas de actividades conmemorativas que se están a desenvolver estes días nos centros educativos do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...