Dous técnicos do Concello de Ribeira reuniranse con persoal de Portos en busca da solución para conservar os postos das atraccions das festas

12 Xullo 2023

Postal festas de verán en Ribeira en 1979. arquivo Joferpa. www.riveira.eu

A distribución de Portos para a ocupación de espazos destinados a realizar espectáculos en dominio público marca en vermello a maior parte do recheo e aínda que segundo fontes da Administración autonómica estas limitacións xa existían no pasado, é este ano cando, polo menos por agora, está vixente unha restrición que fai inviable que os empresarios poidan desenvolver a súa actividade.

O alcalde ribeirense, Luís Pérez Barral, leva desde o luns tentando buscar unha solución negociada con Portos que permia manter as atraccións das festas na zona do dique. Esta mañá mantivo unha reunión con representantes do sector. Á cabeza estaba o ribeirense Francisco González, presidente de Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia, quen declarou que Ribeira é o único porto de Galicia no que teñen problema para instalar as atraccións das festas.
A indignación era manifesta entre os numerosos propietarios de postos. Recalcan que, contando os postos ambulantes, son máis de 500 negocios os que están no aire.

Festas de verán 1991

Unha das alternativas expostas polo Concello de Ribeira ao colectivo é a de distribuír os postos polo centro urbano, pero rexéitano porque din é partir a festa. Para evitar o negativo impacto económico que ten a prohibición de instalarse no porto e ante a imposibilidade de buscar alternativas a tan curto prazo, tanto o empresario Francisco González como o alcalde reclaman a Portos que lles deixe instalar este ano as atraccións nos mesmos espazos que no pasado e que no futuro buscarán outras opcións.

A última hora da mañá, e tras conseguir falar co presidente de Portos, José Antonio Álvarez, o alcalde, Luís Pérez Barral, indicou que se tenta alcanzar unha vía de entendemento. Nesta liña, comentou que dous técnicos do Concello acudirán este xoves a Portos para buscar a mellor solución práctica que permita conservar as festas de Ribeira non terreo portuario e ver que posibilidades hai de mantelas nos lugares de sempre.
Dende o Concello agardan que as atraccións poidan montarse onde o fixeron sempre e que se atopen solucións para as posibles limitacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.