A Garda Civi investiga un presunto homicidio en Boiro

06 Xullo 2023

A Garda civil investiga como presunto homicidio o falecemento dun home de 43 anos, no último día de celebración das festas do verán de Boiro. A vítima apareceu tirada nunha beirarrúa da estrada da Espiñeira onte a noite.

Tiña feridas graves na cabeza e perdía moito sangue. Malia ser trasladado ao hospital do Barbanza, acabou falecendo no centro sanitario ás poucas horas.  A alerta deuna un veciño. Foi trasladado ao hospital cunha ferida profunda na cabeza, pero finalmente morreu. A investigación lévaa a Garda Civil.

Os feitos ocorreron este mércores, durante a celebración do último día das festas locais. O home, que presentaba un forte traumatismo, foi derivado ao hospital, onde faleceu ás horas.

A morte dun home no último día das festas conmocionou á localidade boirense, onde aínda tratan de esclarecer que ocorreu exactamente e se se trata, como sospeitan as autoridades, dun homicidio.

Os feitos ocorreron en plena rúa, pasadas as 23 horas do mércores, cando un particular avisou ao 112 de que había un home no chan, preto da rotonda que dirixe cara á autovía ou o polígono é Espiñeira. A vítima sangraba abundantemente pola cabeza.

As asistencias sanitarias derivárono ao Hospital do Barbanza onde faleceu en cuestión dunhas poucas horas.

Axentes da Garda Civil e da Policía Local tratan de esclarecer as circunstancias nas que tivo lugar a ferida mortal do home e se hai unha ou varias persoas involucradas na súa morte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.