
Este semana en Ribeira tivo lugar a programación da Asociación Cultural Malas Herbas polo Orgullo LGBTIQ+ 2023. A celebración comezou xa o pasado domingo 25 no Bar A Galeguiña onde tivo lugar un faladoiro co creador de contido e nominado ao Mestre Mateo como mellor comunicador Olaxonmario.
O mércores ás 12 horas da mañá tivo lugar o izado da bandeira LGBT na Praza do Centenario á que acudiron a Asociación Mulleres en Acción, Galiza Nova e o Bloque Nacionalista Galego de Ribeira.
Pola tarde ás 20.30 horas tivo lugar a concentración do Orgullo na Praza do Concello onde se procedeu á lectura do manifesto asinada pola Asociación Malas Herbas, a Asociación Mulleres en Acción, Asociación Avoar e Galiza Nova. Nel avogouse pola normalización, pola nova Lei Trans e polos servizos locais, poñendo o foco nos casos de lgbtifobia acaecidos no último ano, así como nas declaracións do expresidente da Xunta cara o colectivo.
O xoves 29 tivo lugar na Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal o visionado do filme But I’m a Cheerleader, acto co que remata a súa programación.




