Rianxo achega unha manchea de propostas deportivas estivais para pequechos e maiores

21 Xuño 2023

O Servizo de Deportes de Rianxo presentou a oferta de actividades deportivas para o verán 2023: actividades municipais, dos clubs deportivos e da Piscina Municipal. Podemos ver toda a información relativa ao programa (e como realizar as inscricións) na web do Concello. As actividades levaranse a cabo entre o 3 de xullo e o 25 de agosto. As inscricións, logo de encher o formulario en liña, poden formalizarse no Servizo de Deportes e nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña.

A rapazada terá ao seu dispor as seguintes actividades das Escolas Deportivas: tododeporte (en Taragoña, Leiro e Asados), tenis (en Rianxo, Taragoña, Leiro e Asados), fútbol sala (Taragoña, Leiro e Asados) e patinaxe (Rianxo).

Na Piscina Municipal haberá actividades acuáticas (Escola de Natación) e actividades de sala (Judo Kids Club, Campus Beone e Sport Junior).

En materia de deporte base, achéganse as seguintes propostas das escolas e clubs locais: triatlón (Club Triatlón Rianxo), baloncesto (Club Baloncesto Rianxo), piragüismo (Club Piragüismo Rianxo), voleibol (Club Voleibol Rianxo), remo (Club de Remo Rianxo), fútbol (CCD Taragoña e CD Unión), xadrez (Club Xadrez Rianxo).

Para a terceira idade haberá actividades de multifitness (Asados), tenis (Escola de Tenis en Taragoña) e ximnasia para maiores (en todas as parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.