Vai unha semana que chegou ao porto de Vigo o buque Ártabro

19 Xuño 2023

Antón Luaces.- Familiares, amigos e compañeiros de traballo no mar agardan novas sobre o resultado dos labores de filmación realizados polos rov a 750 metros de profundidade en 250 millas da illa canadiana de San Xoan de Terranova do pecio do pesqueiro marinense Villa de Pitanxo. E non hai tal. O mutismo é absoluto. Só fala a avogada das familias e apenas se filtran datos do traballo realizado: horas de gravación do pecio, escasa colaboración en relación co acontecido aquela mencida do 15 de febreiro de 2022 e moita, moita especulación. Cada quen á súa.

A realidade son os 21 mortos (12 deles desaparecidos) e 3 sobreviventes, estes con versións dispares en torno ao acontecido, o por que do naufraxio, a carencia de roupa de sobrevivencia para todos a bordo do arrastreiro e moitas, cada vez máis, dúbidas en torno ás manobras ordenadas ou realizadas polo patrón do buque.  Ninguén fala xa do copo do aparello, dos cabos que non se cortaron para liberar ao Villa de Pitanxo dunha sobrecarga cuxo descoñecemento non se explica (ou é que valía máis a copada que as vidas?), de por que figuraba entre os tripulantes un teóricamente xubilado…

Non, o manto de silencio cubre unha outra vez os metros cadrados dun barco deitado no fondo mariño a 750 metros (que foron 3.000 metros para as autoridades marítimas) que se vai convertendo en referencia, unha máis, da historia de homes que a están a escribir no día a día da súa propia vida entre vento, ondas mariñas, frío sen conto e nubes ameazantes sempre con  presas por sair do encadre. Un barco, o Villa de Pitanxo,  convertido xa en arrecife, criadoiro de distintas especies de peixes e mariscos que, probablemente, garda entre os seus mamparos os corpos se non de todos sí ao menos dalgúns dos 12 mariñeiros desaparecidos no naufraxio.

Pero no hai máis. Silencio sobre silencio. O Villa de Pitanxo e os seus 24 tripulantes forman parte

desa historia do mar que sempre se escribe con pluma de corvo mariño e tinta de lura. Cando o xulgado dictamine, cando a CIAIM decida, o barco de Marín e os seus tripulantes serán novamente noticia. Pero máis nada. Só as familias seguirán a falar deles. A historia de sempre.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.