Esta semana empezan novos traballos de limpeza nas marxes en 2 estradas autonómicas de Noia, Muros, Cee e Brión

18 Xuño 2023

 Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polos concellos de Brión, Noia, Muros e Cee.

Os novos traballos desenvolveranse na vía de altas prestacións Brión-Noia e na estrada AC-550, nos municipios de Cee, Muros e Noia.

Na provincia da Coruña, tamén proseguirán as intervencións de roza e limpeza na estrada AC-429, que discorre polos concellos de Cabana de Bergantiños e de Laxe.

Na provincia de Lugo, seguirán avanzando os traballos xa en marcha nas últimas semanas na vías de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1).

No caso de Ourense, as tarefas levaranse a cabo na estrada OU-801, que comunica os municipios de Padrenda e de Ribadavia.

Ademais continuarán as actuacións nas marxes da autovía AG-51, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. 

Control de biomasa

Estas actuacións forman parte do novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos. 

As intervencións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.