Acordo de goberno en Outes entre Compromiso Outes, BNG e PsdeG-Psoe, para a lexislatura 23-27

17 Xuño 2023

O pasado 28 de Maio a cidadanía de Outes manifestou a súa vontade democrática e escolleu aos seus representantes na Corporación Municipal para os vindeiros catro anos. O pobo de Outes non lle outorgou maioría absoluta a ningunha das candidaturas presentadas, polo que é responsabilidade das distintas forzas políticas buscar as vías de entendemento para alcanzar un acordo que garanta a gobernabilidade do concello nos vindeiros catro anos. Por ese motivo, as forzas de signo galeguista e progresista que obtiveron representación nas pasadas eleccións e que suman a maioría absoluta dos representantes escollidos polo pobo de Outes, Compromiso Outes, Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista de Galicia-PSOE, ACORDAN Formar un goberno de coalición para o Concello de Outes para o mandato 2023-2027.

O goberno de coalición márcase como eixos da súa acción de goberno os seguintes:

  • Promover o desenvolvemento económico e a creación de emprego reforzando a Axencia de Desenvolvemento Local e impulsando a dotación de chan industrial no concello.
  • Promover a economía local e o comercio de proximidade, priorizando as compras públicas aos provedores locais.
  • Apostar por un turismo de calidade e sostible, en colaboración co Xeodestino Ría de Muros-Noia.
  • Mellorar a xestión do ciclo da auga mediante a a realización de investimentos tanto na rede de saneamento como na de abastecemento de auga.
  • Mellorar o mantemento das infraestruturas existentes, cunha acción planificada e ordenada.
  • Mellorar a mobilidade interna no concello, en particular a das parroquias coa Serra de Outes.
  • Mellorar o acceso á vivenda e reforzar o atractivo de Outes como un lugar para vivir.
  • Reforzar os servizos de igualdade e benestar, nomeadamente os servizos de atención aos maiores e dependentes así como os referidos á infancia.
  • Mellorar a transparencia na acción de goberno e na relación cos cidadáns. 

Os tres grupos apoiarán ao candidato proposto por Compromiso Outes para a investidura á alcaldía no pleno de constitución da nova corporación.

Unha vez elixida a persoa que ostente a alcaldía, esta nomeará aos membros da Xunta de Goberno Local, aos Tenentes de Alcalde e aos Concelleiros-Delegados da Alcaldía, acorde á seguinte distribución:

  • A Xunta de Goberno Local estará formada, ademais do alcalde, por 2 membros propostos por CO, 1 polo BNG e outro polo PSdG-PSOE.
  • Nomearanse tres tenencias de alcaldía. A primeira tenencia de alcaldía será proposta polo BNG, a segunda polo PSdG-PSOE e a terceira por CO.
  • As áreas de responsabilidade dos concelleiros-delegados da alcaldía serán as seguintes:
  • Área de Obras e Servizos, que abarca as materia de mantemento de camiños, xardíns e espazos verdes, rede de saneamento e de abastecemento de auga, recollida de lixo e limpeza viaria. Seralle delegada a unha persoa proposta por CO.
  • Área de Educación, que abarcas as materias de educación infantil, educación e formación de adultos, relacións coa comunidade educativa e infraestruturas educativas. Seralle encargada a unha persoa proposta por CO.
  • Área de Medio Ambiente, que abarca as materias de coidado do medio ambiente e da biodiversidade así como o desenvolvemento de proxectos relacionados.  Seralle delegada a unha persoa proposta por CO.
  • Área de Cultura, Festas e Xuventude, que abarca as materia de programación cultural, festexos, relacións coas asociacións culturais e comisión de festas, xuventude e infraestruturas culturais. Seralle delegada a unha persoa proposta polo BNG.
  • Área de Mobilidade e Comunicacións, que abarca as materias de transporte intra-municipal e a externa, sendas peonís e de bicicletas. Tamén a mellora das canles de comunicación coa cidadanía. Seralle delegada a unha persoa proposta polo BNG.
  • Área de Turismo e Patrimonio, que abarca as materias de promoción turística, relacións co sector do turismo, patrimonio e infraestruturas relacionadas co turismo e o patrimonio. Seralle delegada a unha persoa proposta polo BNG.
  • Área de Deportes, que abarca as materias de promoción do deporte, relación cos clubs deportivos e infraestruturas deportivas. Seralle delegada a unha persoa proposta polo PSdG-PSOE.
  • Área de Igualdade e Benestar, que abarca as materias de asuntos sociais e atención a persoas dependentes, muller (CIM) e conciliación. Seralle delegada a unha persoa proposta  polo PSdG-PSOE.
  • Área de Relacións Veciñais e Medio rural, que abarca a relación coas asociacións de veciños así como a xestión dos proxectos de mellora de camiños rurais financiados ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal da Xunta de Galicia. Seralle delegada a unha persoa proposta  polo PSdG-PSOE.
  • As áreas non delegadas, e nomeadamente a de facenda, persoal, urbanismo e desenvolvemento económico, serán competencia da alcaldía.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.