A tradución ao galego das historias da Illa de Man de Sophia Morrison preséntase este venres en Cespón (Boiro)

14 Xuño 2023

A Asociación Cultural Barbantia, Medulia Editorial, a Asociación de Veciños de Cespón e o Concello de Boiro organizan esta semana, conxuntamente, a presentación da primeira tradución ao galego dos Contos da Illa de Man de Sophia Morrison. Será este venres, 16 de xuño, ás 20:30 no Centro Social de Cespón (Boiro). Intervirán María Xesús Blanco, presidenta de Barbantia, Dores Torrado Ares, concelleira de Lingua e Milagros Torrado Cespón, tradutora. Contarase tamén, na vertente musical, coa actuación do Grupo Abeloura. Doarase 1€ da venda de cada libro a Callejeros Barbanza. Colaboran Cultura da Deputación da Coruña e Culture Vannin.

Segundo avanza a editorial Medulia, a colección de relatos sobre a Illa de Man foi publicada orixinalmente en 1911 da man de Sophia Morrison, que se preocupou de recollelos antes de que desaparecesen do imaxinario popular e mentres as verbas en manx aínda os enriquecian. Tempo despois, no ano 2013, Bob Carswell fixo unha reedición en engadiu outros contos que non estaban na primeira versión. “Ese libro ilustrado por Julia Ashby, é unha pequena obra de arte”, sinalan dende Medulia, subliñando o seu afán de manter viva a súa cultura. Inclúe a gravación de quince das historias alí escritas onde se aprecia con claridade o sabor que o inglés foi adquirindo nesa terra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.