O rexedor boirense recolleu as bandeiras azuis do municipio

25 Xuño 2019

20190625. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acudiu onte a Sanxenxo para recoller as nove bandeiras azuis coas que contará o municipio. As distincións correspóndense coas sete praias de Barraña, Carragueiros, Mañóns, A Retorta, Barraña-Saltiño, Ladeira do Chazo e Piñeirón; así como cun sendeiro e un centro social.

O concello lidera así a clasificación provincial de areais que contan con este recoñecemento, ademais das tres Q de Calidad Turística.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu o acto de entrega dos 156 distintivos da comunidade, onde anunciou que Galicia contará cunha Lei de Patrimonio natural, a cal se debaterá hoxe no Parlamento, “para protexer a súa riqueza natural e a biodiversidade e que contribuirá a facer unha Galicia máis verde.”

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...