O mes de xuño contará na Pobra cunha nova sesión de baile

08 Xuño 2023

Achégase o segundo domingo do mes e toca unha cita con Tardes de baile no Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal.

Unha nova sesión convida a se mover ao ritmo de diferentes estilos musicais no 11 de xuño, de 20.00 a 22.30 horas.

Organizada en común pola Concellaría dos Servizos Sociais e o referido centro, esta iniciativa botou a andar no mes de marzo para lles ofrecer unha xornada mensual de baile ás persoas maiores ao tempo que aspira a se converter nun punto de encontro interxeracional de toda a comarca e dinamizar a vila no sétimo día da semana.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.