“Premiar as familias tradicionais polo número de fillos e contra as familias diversas”. Antón Luaces

07 Xuño 2023

Formei parte dunha familia numerosa de catro fillos (dos que quedamos dous irmáns).

Sei que tal condición familiar outorgaba durante o franquismo algunha vantaxe de tipo social e económica, pero se non dabas chegado a fin de mes, tiñas que apañarte como poideras en aspectos como a comida, o vestido, os estudos dos fillos, etc. E hoxe lembrei tal feito ao ler que o goberno autonómico de Andalucía -conformado este polo PP de Juanma Moreno co apoio de Vox- entregou á familia granadina Cuevas Benítez unha distinción que, ao igual que pasaba co franquismo, recoñecía ao “matrimonio español que maior número de fillos tivera” ou ben ao “matrimonio español que conservara  maior número de fillos vivos”, santo e sinal de Vox.

Ambos presupostos dánse no seo da familia Cuevas Benítez: 15 fillos vivos. No sei certamente se haberá máis casos coma este en Andalucía, onde o premio entregado en Granada ten como obxectivo algo que para Vox é bandeira: incentivar o modelo de familia tradicional e loitar contra a realidade da existencia de familias diversas.

O premio ou distinción entregado en Granada non leva aparellada ningunha compensación económica e decoñezo se hai para a familia algún tipo de axuda social (que existe en toda España para familias numerosas a partir de tres fillos); pero cavilo en torno ao que pode significar para a responsabilidade dos pais facer fronte ao feioto de alimentar -xa non digo nada vestir, dar estudos, etc.-a un total de 15 fillos, mesmo tendo en conta que cando naceron os últimos  probablemente algúns dos primeiros xa estarían (cunha pouca sorte) a traballar e aportar á economía familiar algo de diñeiro, no benentendido de que os salarios deste tempo tampouco son para botar foguetes.

Pero quince fillos!…

O promedio de nacementos en España nos últimos vinte anos estabelece nun máximo de dous os fillos de calquera parella, número que maioritariamente non se acada censualmente.

Quince fillos son, coido, moitos fillos de Deus. E aos meus anos -cumpridos vai uns días os 80- non quero pensar no que ten que facer unha parella para atender debidamente a toda esa rapazada e como se pode chegar a fin de mes co salario dun ou os dous membros responsables da familia.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.