A Xunta achegará fondos a medio cento de centros educativos do Barbanza para promover o uso do galego

07 Xuño 2023

A Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Educación) vai promover proxectos para fomentar o uso do galego durante este curso en 858 colexios e institutos sostidos con fondos públicos cunha achega de 350.000€. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia, que publica este mércores 7 de xuño a resolución dos centros adxudicatarios, coa indicación da puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación dos centros excluídos, coas correspondentes causas de exclusión.

Do total de centros adxudicatarios, 336 pertencen á provincia da Coruña, entre os que se repartirán 134.623€; 114 á de Lugo, con 45.231€; 80 á de Ourense, cunha dotación a repartir de 30.557€, e 328 á provincia de Pontevedra, con 139.466€.

Respecto da comarca do Barbanza, serán beneficiarios preto de medio cento de centros.

Por Boiro o CEIP de Cespón, o CEIP de Escarabote, o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, o CEIP Praia Xardín, o CEIP Santa Baia, o CEIP Santa María do Castro, o IES Espiñeira, o IES Plurilingüe A Cachada e o IES Praia Barraña.

Por Dodro, o CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón e o CRA de Dodro.

Por Lousame o CPI Cernadas de Castro.

Por Muros o CEIP de Louro, o CEIP Ricardo Tobío, o CEIP Ramón de Artaza, o IES As Insuas e o IES Fontexería.

Por Noia o CEIP Felipe de Castro, o CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, o IES Campo de San Alberto e o IES Virxe do Mar.

Por Outes o CEIP de Outes e o IES Poeta Añón.

Por A Pobra o CEIP Pilar Maestú Sierra, o CEP Salustiano Rey Eiras, o EEI Fernández Varela e o IES da Pobra do Caramiñal.

Por Porto do Son, o CEIP de Campanario, o CEIP de Portosín, o CEIP de Sobrado-Nebra e o IES de Porto do Son.

Por Rianxo, o CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, o CEIP Ana María Diéguez, o CEP Xosé María Brea Segada, o CRA de Rianxo e o IES Félix Muriel.

Por Ribeira, o CEIP de Olveira, o CEIP Heroínas de Sálvora, o CEIP de Artes, o CEIP de Carreira, o CEIP de Frións, o CEIP de Palmeira, o CEIP O Grupo, o CIFP Coroso, a EEI Capela-Carreira, o IES Leliadoura e o IES nº1.

Fomento do uso do galego entre a rapazada

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca cada ano esta liña de axudas para todas as etapas educativas non universitarias co fin de “contribuír a financiar as actividades que realizan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e o profesorado dos centros públicos de Galicia”. Con estas accións, o Goberno galego busca “reforzar a dimensión comunicativa do galego en contextos vivos e facilitar ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.