“Suicidios” – José Manuel Pena

06 Xuño 2023

Xa non teño forzas para seguir loitando. Creo que chegou o momento de terminar con esta angustia permanente. Son crente e a pesar de todo xa non podo máis, son demasiados anos de fracaso tras fracaso. Dimo unha muller nova, separada, cun fillo a cargo, en paro e sen prestacións. Agora sabe que en poucos meses pódese quedar na rúa por non poder afrontar o pago do alugueiro.

Pensei en deixarme levar pola rabia e a impotencia. Acelerar o vehículo e encaixarme contra un muro. Desexo terminar con esta incerteza, este sen vivir e acabar co sufrimento. Estas reflexións son doutra persoa que perdeu varias propiedades e está a piques de quedarse na rúa. Percibe un pouco máis de 400 mensuais, grazas á “esmola” que lle conceden os representantes da cidadanía.

É unha muller de familia monoparental, ten ao coidado unha nena menor de idade. Tiña traballo cando solicitou un préstamo para poder comprarse un piso no que vivir coa súa filla. Agora as cousas deron un xiro de 180 graos. Hoxe está en situación de desemprego e coa renda apenas pode pagar a vivenda, se quere comer. A entidade financeira xa lle ten preparada unha execución hipotecaria e o mundo cáelle aos seus pés. Leva algún tempo pensando en quitarse de diante e que a nena quede ao coidado da súa avoa.

Poderiamos seguir reflectindo decenas de casos de familias e persoas que, nalgún momento da súa vida, pensaron no suicidio como consecuencia da falta de traballo, das dificultades económicas ou das débedas contraídas de boa fe. Por isto non nos estraña que a taxa de suicidios crecese en Galicia, nos últimos tempos. Agora queda tomar, por parte de quen corresponda, principalmente das autoridades sanitarias, adoptar as medidas oportunas para que as taxas de suicidios non sigan aumentando. A prevención pode ser o mellor antídoto.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.