O Coworking Dixital Compostela móstranos este mércores como atraer talento á nosa empresa

05 Xuño 2023

Este mércores 7 de xuño o Coworking Compostela Dixital (Cámara de Comercio de Santiago) vai organizar unha xornada en liña sobre metodoloxías e recursos dos que botar man para formar un grupo axeitado de profesionais para a nosa empresa ou emprendemento. A actividade Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo celebrarase ás 15.30 horas deste mércores e terá unha duración de 3 horas. Estará a disposición das empresas do Barbanza.

A xornada enfócase nos motores de atracción, selección e retención de talento nas empresas. Na sesión abórdanse diversos puntos clave para lograr construír e manter un equipo de alto rendemento. Destácase a importancia do liderado efectivo, que inclúe a capacidade de comunicar unha visión clara, inspirar e motivar ao equipo, e fomentar unha cultura de traballo colaborativa.

A actividade está dirixida a persoas emprendedoras e startups, persoas autónomas e profesionais e pemes, micropemes e empresas do territorio.

A xornada será impartida por Pablo López, especializado nos procesos de transformación empresarial ao través de metodoloxías de deseño intelixente (Design Thinking), Lean Startup e LEGO Serious Play.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.