Os bombeiros traballaron durante varias horas para apagar un lume declarado nunha casa deshabitada en Ribeira

05 Xuño 2023

Afortunadamente, ninguén resultou ferido neste incendio no que unha vivenda abandonada ardeu por completo, sen afectar a outros inmobles próximos.

Tal como informamos en “obarbanza.gal” foi un particular quen, dez minutos despois das 2 horas da madrugada, alertou ao 112 Galicia de que ardía a parte superior dunha vivenda na avenida de Romero Ortiz. Varios avisos posteriores informaban de que había casas habitadas nas proximidades.

Rapidamente, os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo, dos Bombeiros de Ribeira e Boiro e dos axentes da Policía Nacional e Local.

O edificio, de dúas alturas e en mal estado de conservación, colapsou por completo. De feito, os servizos de emerxencias procederon a cortar a rúa para atallar as lapas e non podían acceder ao interior debido ao risco de derrubamento.

Contra as 5 horas, os nombeiros comunicaban que o incendio estaba apagado. Aínda así, explicaban que sairían a realizar comprobacións durante o día de hoxe.

Video Cambiemos Ribeira : https://www.facebook.com/100029864342505/videos/pcb.4117358135150759/1282457049019784

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.