En Ribeira un incendio en Romero Ortíz destrúe unha narcocasa, descoñécese se había xente no interior

05 Xuño 2023

Esta madrugada do luns un incendio que se iniciou sobre as dúas da madrugada destruíu por completo unha casa situada na rúa Romero Ortiz de Ribeira, propiedade da familia dun dos residentes habituais e considerada un punto de venda de drogas e, tamén, un punto de encontro de drogodependentes locais, moitos dos cales tíñana como residencia habitual. As chamas propagáronse con rapidez por todo o edificio, de dous andares, e mesmo provocaron que o tellado e varias paredes se derrubasen, polo que os bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro que se desprazaron ao lugar non puideron chegar a entrar. Nestes momentos aínda se descoñece se había alguén no interior do edificio.

Os bombeiros de Ribeira foron os primeiros en mobilizarse tras recibir unha chamada do 112 ás 2.10 horas. Cando estaban de camiño foron alertados pola Policía Nacional de Ribeira de que o incendio estaba descontrolado e o lume saía xa polas xanelas e o teito do edificio. Ante a probabilidade de que puidese haber alguén no interior, solicitaron a colaboración do persoal do parque de Boiro. Ao momento tamén acudiron axentes da Policía Local.

Os equipos de extinción comprobaron que o o tellado e varias paredes colapsaran e que as chamas eran moi virulentas, polo que se descartaron a posibilidade de entrar. Os bombeiros deron por finalizado o seu traballo ás cinco da madrugada.

A rúa Romero Ortiz atópase cortada por considerarse que existe un alto risco de derrube do edificio afectado polo incendio. Todo indica que permanecerá pechada ao tráfico ata que o inmoble sexa inspeccionado polos técnicos do Concello e determinen os pasos para dar. A vivenda en cuestión foi adquirida polo Concello hai uns meses co fin de demolela para ampliar a rúa Romero Ortiz, xunto coa propiedade lindeira, abandonada dende hai décadas.

R

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.