As empresas do Barbanza xa poden inscribirse nas formacións en mercadotecnia en liña e innovación do Coworking Dixital Compostela

02 Xuño 2023

O programa de formación do Coworking Dixital CCompostela organiza os días vindeiros unha serie de actividades capacitadoras nas que abordará os aspectos máis estratéxicos da innovación e a dixitalización para impulsar o crecemento das pemes e emprendedores. As persoas participantes poderán afondar na solución de retos empresariais e en casos prácticos guiadas por metodoloxías baseadas na técnica do Desing Thinking.

Ademais, en diferentes sesións prácticas os participantes darán os seus primeiros pasos no deseño dunha web efectiva e enfocada a dar valor ao negocio, mergullándose nas ferramentas para facer visíbeis eses negocios nas redes e en planificar campañas dixitais para darlles maior visibilidade.

Para participar neste programa de formacións (presencial e online) é necesaria inscrición na web do Coworking. Poden inscribirse empresas da contorna da entidade cameral, incluídas as do Barbanza.

O programa conta con expertos en cada área que ten unha ampla experiencia.

Lolo Rey é un consultor externo especializado en mercadotecnia dixital, eCommerce, analítica web e estratexia dixital con case 20 anos de experiencia que traballou para empresas como Telefónica, Adobe, Michelin e Nokia, entre outras. Foi director de coworking na Escola de Organización Industrial (EOI) onde asesorou e achegou mentoring a máis de 100 proxectos de emprendedores.

María Sáez Fernández é enxeñeira industrial e especializouse no marketing de buscadores e a visualización en liña, áreas nas que leva máis de 14 anos traballando. Conta cun mestrado en Xestión de Sistemas de Información da Glasgow Caledonian University e colaborou con empresas como Aggreko, onde desempeñou o rol de coordinadora de mercadotecnia en liña, liderando estratexias dixitais.

Pola súa banda, Caty Casal leva máis 15 anos na xestión de subvencións e axudas para impulsar o crecemento das empresas. Fundadora de PEMES Activa desde onde realiza un asesoramento integral e servizos de xestión a pequenas e medianas empresas. Dispón dun profundo coñecemento en diferentes áreas de subvención como emprendemento, investimentos en maquinaria, aforro e eficiencia enerxética, TIC, internacionalización, igualdade e conciliación, entre outras.

Ángeles Gestal é licenciada en CC Económicas e conta con formación en Tecnoloxías de Información (TI) para os negocios, xestión con proxectos áxiles e metodoloxías PMI. Ten máis de 20 anos de experiencia e na actualidade exerce como consultora no ámbito da xestión económica-financeira, a análise de viabilidade de startups e a análise de fontes de financiamento.

Pablo López é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. É mestrado Executivo en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas ICADE ICAI, mestrado de asesoramento fiscal pola CEF e posúe o certificado en adestramento individual e de equipos coa International Coach Community.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...