Uns sesenta escolares e voluntarios de Amicos participaron nunha gran limpeza de praias no Grove

25 Maio 2023

Na mañá deste mércores 24 de maio escolares do CEIP Conmeniño, voluntarios e voluntarias da asociación barbanzá Amicos, da empresa Maraiva e do Hotel Spa Bosque Mar levaron a cabo unha gran recollida de residuos mariños nas praias do Grove. O obxectivo da xornada foi “mostrar e concienciar aos máis pequenos da contorna da necesidade de protexer as nosas costas facendo unha boa xestión dos residuos”.

Na acción contouse coa colaboración de 60 voluntarios e escolares. Durante a mañá recolléronse un total de 22kg de residuos do areal da praia Mexilloeira no concello do Grove, dos cales 16 kg foron plásticos, 2kg mestura e 3 kg de vidro. Desde a empresa Maraiva, Mariña Bua, portavoz da empresa, cualificou a actividade como “moi beneficiosa para a sociedade, Maraiva Sentir Natura é unha empresa de cosmética natural e solidaria, levamos colaborando xa unha tempada con Amicos na doazó de 0,50€ de cada venda da nosa auga micelar”. Mariña remarcou que “as actividades que levan a cabo en Amicos son de gran importancia para o medio ambiente e a recuperación das contornas mariñas, e para nós como empresa son unha liña moi relevante”.

Oscar Álvarez, director do Hotel Spa Bosque Mar, quixo dar as grazas aos activistas medioambientais de Amicos e os escolares que participaron nesta acción “Para nós colaborar con estas iniciativas é moi positivo, tanto no social como no ecolóxico”. Así mesmo, aproveitou para dar as grazas por esta nova alianza xa que “foi unha xornada moi importante, unha mañá de concienciación, inclusión, de facer novas amizades, e que os rapaces e rapazas foxen conscientes da necesidade de coidar das nosas praias”.

Eva Tejo, técnica de Amicos agradeceu a colaboración do Hotel Spa Bosque Mar e os alí presentes, pois a actividade de hoxe supón para a nosa entidade “un día moi importante, porque forxamos unha nova alianza que nos permite seguir coa nosa tarefa de coidar do noso, coidando dos nosos”.

Por último, Keltoi Caméan, técnico de Amicos apuntou que: “O noso obxectivo debe ser reciclar os residuos de plástico recollidos de forma que se manteñan en circulación o maior tempo posíbel”.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.