“Ética, NON!, estética” – Manuel Domínguez

16 Maio 2023

Ética, NON!, Estética.

Ficción, calquera parecido coa realidade, mera coincidencia.

E pregúntome eu, se o ideólogo deles non será o mesmo ou parente do ideólogo que habita no edificio sementes, ou se están interconectados.

Cal é a razón de me expoña isto? Polo seguinte, e se eles fixesen como fai Porta de Hierro, s/n. 28071, créase un problema inexistente, e elabórase unha resposta, poñamos por exemplo imos subir o imposto ao 20%, a xente alborótase, entón na súa bondade infinita Pinillo decide reducilo ao 2% así todos felices, do 20 pasar ao 2 como que é máis asumible.

É dicir, imos elaborar a lista destas formas, se hai balbordo, aplicamos o plan b ao instante, é dicir recuamos, e quedamos como bondadosos, como elementos éticos.

“Gato branco ou gato negro, dá igual; o importante é que cace ratos”’. O proverbio aprendeuno Felipe González en 1985 do entón líder supremo chinés, Deng Xiaoping

As campás adormentadas, xa non cantan, non soan, tres golpes de dúas ou máis campás para homes e dúas para mulleres ao principio e ao final do toque”.

Seica non é tan culpable o indutor, o que achega os datos, o que garda e protexe, como quen rouba o último suspiro.

Que significa, a palabra “perdón” cando non hai propósito de emenda.

Calquera palabra, se non florece, se non dá froito é palabra estéril, carente de calquera significado, valía.

Pódese recorrer se interesa falar de Aníbal, ou da “democracia orgánica” , non só fálase, televísase, pero non se pode falar de antonte.

Non se pode falar en positivo da “democracia orgánica” pero pódese festexar, facer homenaxes, festas e bailes ao regreso dos campanilleiros.

Pois ese país existe ao sur dos Pirineos, e non é quen fixo a revolución dos caraveis.

Quo vadis?

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión