Día das Letras no Maio Cultural de Aguiño organizado pola Asociación Francisco Lorenzo

13 Maio 2023

Presentación da actividade, diante do hórreo do parque da Casa da Cultura Manuel Ayaso de Aguiño, están de esquerda a dereita; Unai González, Moncha Sampedro, Rosa Millet, Teruca e Carmen Sampedro e co cartel, a presidenta Elvira Pisos acompañada de Josefa Suárez.

En Aguiño a asociación Francisco Lorenzo Mariño celebrará o DÍA DAS LETRAS GALEGAS o 17 de maio, mércores, no marco do Maio Cultural do pobo este ano 2023.

Trátase dunha xornada con inchables con refrescos e bebidas gratuítas para os cativos a partir das 16:30 e ata as 19 h no parque da parte traseira do edificio do conservatorio de Aguiño; tamén haberá unha xornada de debuxo infantil, no propio local, de 17 a 21 h, donde a cada neno e nena participante se lle entregará un agasallo conmemorativo do día das letras dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego e unha rifa para un sorteo de varios lotes de libros en galego que se realizará antes do espectáculo que empezará ás 19:15 h, a cargo de Peter Punk con “Peor Imposible!”, un espectáculo de humor, malabares, clown, circo na rúa e moita retranca a cargo deste coñecidísimo artista galego. 

Todo está organizado pola entidade coa colaboración do Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña e de varias empresas do pobo. Tamén farase unha xornada de portas abertas da Biblioteca Popular Francisco Lorenzo Mariño para que calquera consulte un libro ou leve en préstamo o que queira dos máis de 3.000 exemplares coas que conta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.