Os estudantes de hostalería de Boiro convidan á veciñanza a unha cita de degustación

10 Decembro 2019

Este venres 13 de decembro a tempada festiva do remate do ano vai ter unha cita destacada no concello de Boiro. Estamos a falar da nova edición do Evento Gastronómico do Nadal, que se se celebra no local multiusos do Mercado Municipal a partir das 11.00 horas, da man do Concello e do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III.

Na cita, as e os participantes neste obradoiro convidarán á veciñanza a degustar doces elaborados de maneira artesanal no seu centro de formación, ademais de cafés e chocolates. A degustación dos produtos será de balde até esgotar as existencias.

O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III está a achegar formación a 16 alumnos do concello a través de dúas especialidades docentes. Participan, dende setembro, mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e inserción laboral. A iniciativa ten a súa orixe na alta taxa de empregabilidade que mostra o sector da hostalaría, que require persoal cualificado para desenvolver funcións en calquera das distintas disciplinas do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...