
A Casa do Concello acolleu esta tarde unha recepción ao Cidade de Ribeira logo de proclamarse campión de liga e selar o seu ascenso a Preferente.
O acto estivo presidido polo alcalde (na mesa tamén estuvo o concelleiro de Deportes, Javier Sampedro; un dos capitáns do plantel, Flori; e Ramón Martínez, membro da directiva. Entre o público congregado había familiares e distintos membros da Corporación.

Durante a súa intervención Manuel Ruiz felicitou ao equipo polo seu gran papel (xa na tempada do pasada estiveron a piques de subir de categoría) e por lograr dinamización a afección. Tamén expresou o
recoñecemento do Concello ao traballo do club como institución e a noraboa a todos os seus xogadores e manifestou o seu desexo de que non sexa este o último ascenso que poidamos vivir. Ademais, anunciou a intención de que o Concello sacará a concurso o himno do Cidade de Riveira.
Pola súa parte, Ramón Martínez expresou o agradecemento ao Concello pola súa axuda e tamén deu as grazas aos membros do club de parte da directiva.
Por último, un emocionado Flori cualificou de impresionante a tempada actual e manifestou o seu orgullo por formar parte deste éxito.




