“Unha revolución no transporte público alemán por 49 euros ao mes” – Antón Luaces

04 Maio 2023

Alemaña vén de estabelecer o chamado “Deutschlandticket”, unha iniciativa coa que tenta apoiar á poboación fronte a inflación, ao tempo que promove o uso dun transporte menos contaminante.

Deste xeito, os residentes en Alemaña poden viaxar por 49 euros ao mes, grazas a un billete de transporte válido desde o pasado día 1 de maio que, por custo e efectividade do dispositivo, significa unha verdadeira “revolución”. Este billete permite o acceso ilimitado a todo tipo de transporte, agás os trens de alta velocidade, unha aposta polo clima e o poder adquisitivo que pasa agora as primeiras probas.

O acceso é ilimitado a autobuses locais e rexionais, metros, trens locais e rexionais e significa, segundo o ministro de Transportes alemán, “a reforma do transporte máis importante da historia”.

A Asociación Alemaña do Transporte Público (VDV) esperan “polo menos ” 16 millóns de futuros abonados nun  país de 84 millóns de habitantes. Xa se venderon perto dun millón de billetes e non fai máis que comezar a experiencia.

O financiamento do sistema corre a cargo das rexións e o Estado, que pagarán cada un 1,5 millóns de euros anuais.

A medida, acollida con satisfacción e responsabilidade pola cidadanía alemá, contrasta co sucedido en España onde, como é sabido, a gratuidade dos servizos ferroviarios  de proximidade e rexionais para traballadores e estudantes é total, e os servizos de trasporte público por estrada teñen unha importante redución no prezo. Galicia é, neste caso, unha das autonomías máis beneficiadas, polas aportacións económicas para este fin outorgadas polo Goberno, a Xunta, algúns concellos e unha entidade bancaria. A acollida a estas medidas foi boa, especialmente no transporte de proximidade por estrada, pero a actitude de supostos usuarios de transporte ferroviario reservando prazas para se desprazar en días e horas punta sen usar os devanditos servizos falan moi pouco a prol das responsabilidades que competen a aqueles que coa súa actitude prexudican de tgs. xeito aos que si queren beneficiarse duns servizos que tamén pretenden influír no poder adquisitivo dos usuarios. 

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.