A Unidade Veciñal de Dodro postúlase por terceira vez as eleccións municipais no concello. Faino, segundo fixeron saber os integrantes do grupo na súa presentación, coa experiencia de catro anos na oposición e as catro últimas no Goberno municipal, xestionando as áreas de Cultura e Patrimonio por Xoán Xosé Vicente e a de Educación, Deportes e Emprego por Abel Tarrío Abuín. No seu balance, a UVD salienta a consecución de importantes avances nas súas respectivas áreas, como por exemplo a rehabilitación das escolas do CRA e o investimento de 1.403.320,65 € na rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, a rehabilitación do Hórreo do Arco, os Petróglifos de Bouza Abadín ou a Ruta Pensa Nao, que “son avances moi valorados tanto polos veciños de Dodro como por quen visita este concello”, destacaron.
Presentase de candidato a alcaldía Xoán Xosé Vicente “cunha candidatura completa con homes e mulleres” onde priorizarán “a recuperación das instalacións municipais do Pavillón Polideportivo ou a Casa do Regadío e o incremento de servizos para a infancia e as persoas maiores, sen esquecerse do río, a mellora do PXOM e a total colaboración co tecido asociativo e veciñal como medio para logralo”, explican.




