Xa se pode solicitar o voto por correo para as Eleccións Xerais do 29 de novembro

06 Outubro 2026

Correos informou hoxe que xa é posíbel solicitar o voto por correo para as Eleccións Xerais que se celebrarán o domingo, 29 de novembro de 2026.

Os electores que decidan votar por correo poden solicitar ata o día 19 de novembro (inclusive) o certificado da súa inscrición no Censo Electoral correspondente. A obtención deste certificado é requisito imprescindíbel para poder emitir o voto por correspondencia e pode solicitarse, por vía telemática a través da web de Correos ou presencialmente en calquera oficina de Correos de España.

Solicitude en liña do voto por correo

Os electores poden solicitar o seu voto a través da web de Correos sen ter que acudir en persoa a unha oficina postal. Neste modelo de solicitude, que evita desprazamentos, o interesado debe acreditar a súa identidade mediante sinatura electrónica e aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI electrónico (DNI-e).

Solicitude de voto por correo en oficinas

A solicitude de voto por correo pode realizarse en todas as oficinas de Correos de España. Esta petición debe ser realizada persoalmente por cada elector, salvo en caso de enfermidade ou discapacidade –acreditada mediante certificación médica oficial- que lle impida a formulación persoal da devandita petición. Neste caso pode ser presentada en nome do elector por outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar a súa identidade presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, Pasaporte ou carné de conducir orixinais.

Co obxectivo de axilizar os trámites e evitar esperas, a compañía ofrece a opción de cita previa para a solicitude do voto en oficinas, a través da aplicación móbil, a web de Correos ou a Oficina Virtual. Para iso o elector tan só debe seleccionar a oficina dispoñíbel que teña cita previa e, por último, elixir o día e a hora que máis lle conveñan.

Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral, quen enviará aos solicitantes, a partir do 9 de novembro, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo.

Lémbrase ás persoas que soliciten o voto por correo que esa documentación recibirana na dirección que indiquen na solicitude, que non ten por que coincidir co seu domicilio habitual.

O prazo de depósito do voto por correo finalizará o 25 de novembro de 2026.

Outros artigos

Este mércores arrincan as III Xornadas da Historia de Muros

Desde este mércores, 7 de outubro, e ata o sábado 10 ás 20:00 horas, celébranse na antiga Fábrica de Sel as III Xornadas da Historia de Muros, organizadas pola área de Cultura do Concello. As xornadas inaugúranse este mércores coa exposición e a charla Muros nos seus...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.