Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

03 Outubro 2026

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e non confundilos con especies perigosas. Tamén se porá o foco nas súas propiedades gastronómicas e alimenticias.

A xornada comezará ás 9.00 horas (ata as 10.00 horas) cunha conferencia no Pavillón Municipal de Deportes. Ao remate e ata as catro da tarde unha saída guiada para recoller cogomelos que rematará coa limpeza e o reparto dos mesmos. O Concello lembra a conveniencia de acudir con roupa e calzado cómodo, cesto, navalla, pincel e comida para o xantar.

En caso de chuvia a iniciativa non será cancelada.

Hai que inscribirse antes do 30 de setembro, xa que as prazas son limitadas, no teléfono 981802472 ou na Casa da Cultura.

A xornada conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.