Ramón Torrado presenta este xoves a novela A petición de Auli en Rianxo

02 Maio 2023

O escritor rianxeiro Ramón Torrado Romero presenta na súa terra, este xoves 3 de maio, a súa novela A petición de Auli, publicada por Belagua Ediciones. O acto terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Actos do Auditorio Municipal e será introducido polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Ademais, o autor estará acompañado polo filósofo Ignacio Castro, e a editora, Edurne Baines.

A petición de Auli é unha novela curta que narra a viaxe que realizan xuntos un home adulto e o seu sobriño de 11 anos, Auli. Cun ton de viaxe iniciática, Ramón Torrado escribe unha emotiva novela na que os seus protagonistas, dous seres perdidos, faltos de afecto e con escasa fe no ser humano, irán derrubando os muros que os separan grazas ás experiencias compartidas. Porén, ao final da viaxe, Auli realizará unha petición imposible de asimilar polo seu tío.

Ramón Torrado Romero dedícase ao ensino e é autor, entre outros libros, das novelas Rebeca no val das sombras ardentes e Torino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...