Ramón Torrado presenta o seu libro Torino en Rianxo o 27 de novembro

19 Novembro 2021

O Auditorio de Rianxo vai dar acollida o vindeiro 27 de novembro (sábado) á presentación do libro Torino, de Ramón Torrado Romero (Rianxo, 1966), editado polo selo local Axóuxere. Acompañarán ao autor Roberto Abuín (Axóuxere Editora) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Torino é un libro de crónica de viaxes que é tamén unha obra de ensaio, a maiores dun traballo de pensamento. Segundo avanzan dende Axóuxere, “esta travesía física e espiritual pide unha lectura calmada que permita que a imaxinación pinte un retrato das peripecias que se contan e que o pensamento considere as ideas que se ofrecen como flores”.

Torino recolle unha viaxe entre entre Galicia e Italia que lle serve ao autor para mostrarse e explicarse perante a súa familia. A aventura descrita aconteceu no ano 2003 e o texto foi escrito nos dous anos seguintes, pero, segundo avanza o escritor rianxeiro, “os sentimentos experimentados e os pensamentos explorados seguen presentes, coma unha eternidade a repetirse, fundando un cronotopo, un eido onírico que universaliza a vivencia do autor e nola doa”.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.