
“Iniciativa Progresista de Riveira” escolleu o liceo da capital barbancesa para presentar a candidatura coa que concorrerá ás próximas eleccións municipais. A cabeza de lista da formación, a veterana Rosa García Pose, expuxo parte do seu programa nunha xornada na que analizaron o pasado, presente e futuro de Ribeira.
A cabeza de lista asegurou que na lista de IPdeR hai representación de boa parte dos sectores produtivos máis relevantes da capital barbancesa.
Incrementar o número de actividades desenvolvidas nas parroquias, fortalecer o pequeno comercio e primar o poderío do sector marítimo, son algunhas das liñas mestras polas que a formación aposta para entrar na corporación.




