Este sábado 29 de abril ás 12.00 horas a música que vive nos libros encherá o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Será grazas á representación de A fraga de Pasacorrendo, concerto infantil de Carmen Penim para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias.
Os contos e cancións de Carmen Penim recollidos no seu audio libro A fraga de Pasacorrendo van dirixidos ás persoas máis pequenas da casa. As personaxes comparten a marabillosa fraga e aprendemos as súas historias. Un lobiño que pasa frío, un ratiño que é artista… E moito, moito máis.
Para asistir cómpre inscribirse enviando un correo a normalizacion@ribeira.gal co número de persoas que van asistir, idade dos nenos e das nenas e un teléfono de contacto. Recibirase un correo de volta confirmando a reserva.




