A Casa Mariñeira da Pobra acollerá a exposición de pintura Cores de terra e mar

24 Abril 2023

Será o 2 de maio ás 19 horas na sala de exposición da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal onde se poida ver a mostra pictórica Cores de terra e mar, de María José Rodríguez. Na estrea da dita mostra, que se poderá ver até o 30 de xuño, participará a concelleira do Turismo, Charo Varela amais da intervención da propia artista responsábel da exposición.

Estamos a falar dunha serie de cadros que deixan ver paisaxes marítimas e agrarias coas cales a autora lles quer render tributo ás súas xentes.

María José Rodríguez une nesta exhibición o seu gusto pola ensinanza e a súa inquietude artística. Nada na Coruña, cursa a licenciatura en Pedagoxía. Posteriormente, dada a súa paixón pola arte, comeza a mergullarse no universo da creatividade a través de distintas disciplinas. Amais de impartir aulas, María José conta cunha ampla traxectoria que se ve reflectida por numerosas exposicións individuais e colectivas, e mesmo conta nio seu haber con diversos premios.

A entrada para ver Cores de terra e mar é libre até completar o aforo, sendo o horario de visita de 9:30 a 14:30 h.

Máis información na web de turismo da Pobra.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.