“Lixos mariños” – José Manuel Pena

21 Abril 2023

“Ti formas parte da natureza, en terra deixa só as túas pegadas e no mar o teu ronsel”, este foi un lema utilizado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, e que desgraciadamente está de plena actualidade, para trasladar á cidadanía un decálogo de consellos para acabar ou polo menos minorar o problema global que supón os lixos mariños.

Os datos son arrepiantes e converten aos lixos mariños nun problema tan importante como o propio cambio climático. Hai unhas 10 toneladas de lixos que chegan anualmente a mares e océanos, con predominio dos residuos de plástico. Tristemente o 20% dos lixos mariños é o resultado de actividades no mar tales como a pesca e o transporte marítimo. As consecuencias son evidentes, con máis dun millón de aves mariñas e 100.000 mamíferos mariños e tartarugas que morren cada ano por enredo ou inxestión dos lixos.

Tampouco podemos esquecer que o 80% dos lixos mariños teñen a súa orixe en terra. Os residuos abandonados son arrastrados polo vento e a choiva, aínda que vivamos a moitos quilómetros terra dentro. O que lanzamos polo WC pode acabar no mar formando parte deste tipo de lixo.

Aos profesionais do mar e da pesca recreativa habería que lembrarlles que hai que ser coidados cos aparellos, pois se caen ao mar, os animais mariños poden quedar atrapados entre cabos e sedelas ou inxerir os anzois. Así como tamén cando se navegue non hai que tirar os residuos á auga, hai que recollelos e ao regresar a porto depositalos onde corresponda.

A solución principal, segundo o Goberno así como as diferentes entidades ecoloxistas ambientais, reside en previr que ocorra e non só en limpar. Os custos de limpar as praias e océanos asumímolos todos e non se poderán dedicar a outras necesidades fundamentais para a sociedade.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.